Tempo-xogos

Imprimir

Espazos interactivos e participativos de xogos antigos para toda a familia

Os xogos transmiten ideais e valores da sociedade, son elementos fundamentais no desenvolvemento da Humanidade.

A recuperación do acervo cultural lúdico non só devolve á vida usos e costumes perdidos, senón que contribúe á divulgación da historia, pois o xogo actúa como magnífico transmisor de datos históricos adecuado para un público de idades comprendidas entre os 0 e os 99 anos.

Dispomos dunha elaborada produción propia de reproducións de xogos antigos e tradicionais, recuperados de documentos e restos arqueolóxicos.

Por si sós ou segundo o evento de que se trate, procuramos unha coidada ambientación para convertelo nun espazo atractivo no que todos nenos, novos e maiores sen límite de idade, poidan compartir un tempo de lecer dunha maneira diferente, aprendendo e gozando.


XOGOS ANTIGOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO:

  ?>