Servizos Celebrados Mercado Mariñeiro en Muros
Español(Spanish Formal International)Galician (Galego)

Mercado Mariñeiro en Muros

  6, 7 e 8 de Xullo de 2012: Muros (A Coruña). Temática: Mariñeira.

  O Mercado terá lugar durante a celebración das VIII Xornadas de Cultura Mariñeira "Muros Mira ao Mar".

  O concello de Muros está situado no extremo norte da ría de Muros e Noia, a máis septentrional das Rías Baixas. O seu enclave privilexiado e a riqueza histórica da vila convirtena nun dos concellos galegos con maiores potencialidades de explotación turística. Está integrado por sete parroquias: Abelleira, Esteiro, Louro, Muros, Serres, Tal e Torea.

Aberto o prazo de inscripción (descargar solicitude e normas de participación)

Muros Mira ao Mar definese como unha auténtica festa de exaltación das tradicions relacionadas co mar e vense celebrando con gran éxito dende fai sete anos.

Durante a fin de semana a vila engalanase con motivos mariñeiros e realizanse diversos actos relacionados co patrimonio marítimo.

Muros é unha das localidades con máis historia da provincia de A Coruña, declarada Conxunto Histórico Artístico en 1970.

A historia de Muros está vinculada ó mar dende fai séculos. Así a súa herdanza é un inmenso patrimonio marítimo e mariñeiro, conformado por centos de anos de vida a carón do mar.

Por iso se trata dun mercado con ambientación mariñeira (non medieval, non pirata)

Enviadenos fotografías da parada con decoración mariñeira.

"Darase preferencia ós postos cuxa decoración e produtos resulten máis acordes coa ambientación mariñeira"

Se tes dúbidas sobre a decoración e o vestiario, chámanos e te orientaremos.

Enlaces de interés:

 

Galería PORTADA

{highslide type="slideshow-controlbar" height="75" width="75" event="loadbody" loaddelay="0" notshowagain="0" notshowagaintime="0" dismissbuton="false" class="" captionText="" positions="top, left" display="none" src="/Portada1.jpg, Portada2.jpg, Portada3.jpg, Portada4.jpg, Portada5.jpg, Portada6.jpg"} {/highslide}

?>