• Calendario Eventos

  • Próximo Evento

Convocatoria 2014.

Infórmate e solicita.

Os días 28, 29, 30 e 31 de Agosto de 2014 se celebrará a IV Feira Medieval en Esposende (Portugal)

Español(Spanish Formal International)Galician (Galego)

Comunicado

NOVOS TEMPOS,  SUMA  DE  FORZAS

En tempos de cambio, hai que saber arriscar, buscar sinerxías que xeren maior valor traballando en conxunto, e sumar forzas para liderar un sector como pode ser o dos eventos históricos e temáticos.

Isto é o que recentemente sucedeu con Temporarius. Uniuse ao proxecto do Grupo AMB Producciones e Espectáculos. Co mesmo equipo técnico e humano, sumado ao que compón os distintos departamentos de AMB Producciones, se fortalecen as distintas seccións para formar unha rede forte e sólida que poida abranguer importantes proxectos en toda a península Ibérica.

Temporarius é unha empresa consolidada que dende finais dos anos 90 labrou o seu recoñecemento a base de rigor e tras a organización de numerosos eventos recreacionistas e mercados de época especialmente na zona norte de España, e Portugal. A empresa consolidou a súa expansión ano tras ano, primeiro no seu ámbito xeográfico máis próximo, Galicia, para camiñar despois por Castela e León, Castela A Mancha, ou Portugal, entre outras zonas.

A rede resultante desta fusión componse de tres compañías líderes nas recreacións e mercados históricos, e o desenvolvemento de producións temáticas: Temporarius incorpórase agora ao barco composto dunha parte por La Fragua de Vulcano e máis recentemente por El Mercader. Todo iso seguirá capitaneado e baixo a supervisión do Director Xeral do grupo, Antonio Marí Benavent.

Coa incorporación de Temporarius, o grupo AMB amplía o seu abano de recursos humanos, medios, servizos, espectáculos e infraestructuras, así como numerosa produción propia e escenografía e atrezzo para conseguir que o seu evento sexa un éxito.

Para garantir a autenticidade na recreación de feitos históricos, contamos coa asesoría e colaboración de entidades cualificadas na materia, ademais de expertos en textos e traballos históricos, así como bibliografía especializada.

Temporarius séntese calorosamente acollida nesta nova etapa por AMB Producciones y Espectáculos, completando así o organigrama deste grupo. Temporarius en conxunto con La Fragua de Vulcano e El Mercader, ofrecerá un servizo integral adaptado ás súas necesidades para garantir ó éxito do seu evento.

 

Modificado o ( Mércores, 12 Marzo 2014 16:46 )  


?>