Oficios antigos

Imprimir

A recuperación de antigos oficios

Os cambios sufridos nas últimas décadas polas formas de vida tradicionais puxeron en perigo de extinción e esquezo traballos e oficios que foron esencia da vida cotiá durante séculos.

A celebración de recreacións históricas e mercados de época, constitúen sen dúbida, un dos marcos máis adecuados para a recuperación de antigos oficios, unha posibilidade de ofrecer ao público, demostracións artesanais que conservan nas súas mans, unha cultura imperecedera, un saber e un coñecemento ancestral.

  ?>